Ir o contido principal
03

A educación sexual e os dereitos sexuais

La educación sexual y los derechos sexuales :: Como compartir a sexualidade coa parella

Como compartir a sexualidade coa parella

O primeiro paso para compartir a sexualidade coa nosa parella é informarnos sobre o sexo. Igual que se quere adquirir coñecementos e sapiencia sobre un tema que apaixona, así debería facerse co sexo. Despois chegará o segundo paso: compartir as nosas dúbidas, inquietudes, gustos e desexos. Na medida en que a parella fala de sexo rompen trabas e pudores que impiden un pleno desenvolvemento sexual. Ademais, permite gañar confianza para poder desenvolver en parella as fantasías que tantas veces vivimos en silencio ou en solitario. Isto permite gozar de modo máis pleno as nosas relacións sexuais. Ademais, ler, debater, comentar e dialogar de sexo coa parella facilita o poder facelo cos fillos.

Tanto para un mesmo, como para que forme parte da biblioteca dunha familia, convén seleccionar os materiais que permitan acceder de modo fácil á información, a orientación e a educación sexual. 

En síntese, algunhas características destes materiais poden ser:

  • Que sexan atractivos, dispoñibles e accesibles.
  • Que faciliten a comunicación entre iguais.
  • Que faciliten a comunicación e o diálogo cos pais.
  • Que transmitan coñecementos ben fundamentados.
  • Que non recollan falsas crenzas.
  • Que teñan contidos que valoren a sexualidade, o erotismo e o pracer.
  • Que estean adaptados á súa idade.
  • Que faciliten a actividade de procura e elaboración por parte do propio individuo.
  • Que lles fagan entender aos pais as manifestacións sexuais dos seus fillos.
  • Que achegue aos pais contidos útiles para responder as preguntas dos fillos.
  • Que lles axuden a vencer os temores e resistencias ante a educación sexual.
  • Que lles permitan mellorar a súa propia sexualidade.