Ir o contido principal
04

Saúde e sexualidade

Salud y sexualidad :: Nas persoas que sofren hipertensión

Nas persoas que sofren hipertensión

Considérase que unha persoa sofre hipertensión cando a súa presión arterial é superior a 140/90 mm/Hg en xaxún cunha correcta toma da presión nun aparello homologado.

É unha causa alta de problemas sexuais. Sófrenos un de cada catro enfermos, con indiferenza do sexo. Vese afectada a fase de excitación e aparecen dificultades na lubricación vaxinal e disfunción eréctil. Tamén son frecuentes trastornos no orgasmo, sobre todo na muller. A hipertensión lesiona o sistema circulatorio e ademais comprobouse que algúns dos medicamentos que se empregan para o seu tratamento repercuten de maneira negativa sobre a erección, tal é o caso dos betabloqueantes, os sedantes e os diuréticos.