02
A sexualidade nas diferentes etapas da vida e en situacións especiais

Valores dunha sexualidade responsable
- A sexualidade é unha dimensión natural e sa da vida.
- Todas as persoas son sexuais.
- A sexualidade inclúe dimensións físicas, éticas, espirituais, sociais, psicolóxicas e emocionais.
- Todas as persoas teñen dignidade e valor en si mesmas.
- Os mozos deberían verse a si mesmos como individuos únicos e valiosos dentro do contexto da súa herdanza cultural.
- Os individuos expresan a súa sexualidade de formas variadas.
- Os nenos deberían obter a súa educación sexual primaria na familia.
- Nunha sociedade pluralista, as persoas deben respectar e aceptar os diversos valores e crenzas sobre a sexualidade.
- As relacións sexuais nunca deben ser coercivas ou explotadoras.
- Todos os nenos deben ser amados e coidados.
- Todas as decisións sexuais teñen consecuencias.
- Todas as persoas teñen o dereito e a obrigación de tomar decisións responsables con respecto á súa sexualidade.
- As familias e a sociedade benefícianse cando os nenos son capaces de falar sobre a sexualidade cos seus pais e/ou outros adultos de confianza.
- Os mozos necesitan desenvolver os seus propios valores sobre a sexualidade para volverse adultos.
- Os mozos exploran a súa sexualidade como parte dun proceso natural de chegar á madurez sexual.
- Involucrarse de maneira prematura en condutas sexuais implica riscos.
- Os mozos que teñen relacións sexuais deben ter acceso a información sobre servizos de saúde e prevención do embarazo e as ITS/VIH.
