Ir o contido principal
06

Contracepción. Métodos, vantaxes e inconvenientes

Contracepción. Métodos, ventajas e inconvenientes :: Métodos ineficaces

Métodos ineficaces

Os métodos anticonceptivos transmitidos pola sabedoría popular -aínda que mellor podería dicirse descoñecemento popular- caracterízanse pola súa ineficacia. 

A crenza de que a lactación prolongada, os lavados vaxinais ou as relacións sexuais durante a menstruación eran formas de evitar a concepción é un erro. Dar de mamar a un bebé non implica que a muller non sexa fértil; os lavados vaxinais poden ser prexudiciais e provocar fungos, pero nunca lograrán arrastrar con eles nin espermatozoides nin óvulos, fecundados, e por último, ter a menstruación cando se manteñen relacións sexuais non é garantía de que o espermatozoide non logre alcanzar un óvulo e o fecunde.