08
Suxestións para gozar dunha vida sexual satisfactoria

Non hai que esquecer que...
- O pracer sexual non ten idade de xubilación. Si coida a súa saúde e atende as súas auténticas necesidades nunca deixará de gozalo.
- O sexo tamén ten un sentido lúdico, permítase xogar. No sentido primigenio do xogo como cando somos nenos, onde importa o proceso -estar a xogar- e non o produto -gañar- como ocorre demasiado no mundo dos adultos. O pracer ben entendido é un xogo, algo que gozamos sen estar pendentes de ningún outro obxectivo.
- As fantasías sexuais poden ser un bo recurso para activar a súa sexualidade. Permítase fantasear e, si ten parella, explore o posible goce cómplice de elaborar fantasías compartidas con ela.
- O sexo e a risa están moi unidos, cultive o sentido do humor, rir coa parella exalta o pracer durante o xogo sexual.
- A complicidade íntima con humor reforza o vínculo e afasta a pantasma das preocupacións sexuais.
