Ir o contido principal
02

A sexualidade nas diferentes etapas da vida e en situacións especiais

La sexualidad en las diferentes etapas de la vida y en situaciones especiales :: En persoas con discapacidade

En persoas con discapacidade

Somos conscientes do difícil que lle resulta á nosa cultura e á nosa sociedade abordar o tema da sexualidade humana en xeral, pola carga afectiva chea de prexuízos e tabús. Aínda máis difícil resulta cando se trata da sexualidade dunha persoa que sofre unha discapacidade.

Por iso, a abordaxe deste tema esixe unha visión global e interdisciplinar, en oposición ás formulacións excluíntes, ou unha visión parcial cando se encara este asunto.

Para iso é necesario contemplar as diferentes dimensións da sexualidade humana: biolóxica / conductual / cultural / psicoafectiva / psicosocial e considerar que unha maneira positiva de vivila como ser sexuado vai ser a base dunha boa saúde e calidade de vida dos diferentes membros da nosa sociedade (sen distinción de sexo / idade / características especiais ou modo de vivir a propia sexualidade ). E é que, como veremos a continuación, as persoas que teñen algunha discapacidade pertencen a unha das minorías ás que se lles negou a diario toda posibilidade de resolver as súas necesidades afectivas e sexuais.

Si facemos un repaso histórico podemos dicir que até os anos 50-60 do pasado século, as persoas con discapacidade vivían segregadas na familia ou en institucións, e sen ningunha relación con persoas do outro sexo que non fosen a familia ou os profesionais.

Desde os primeiros anos de vida necesitamos relacionarnos con outras persoas que non sexan da nosa familia e con persoas da nosa idade

En 1971 os dereitos sexuais das persoas con atraso intelectual garántense por lei coa Declaración dos Dereitos das Persoas con Atraso Mental, aínda que estes dereitos seguen, en gran medida, sen chegar.

Nos anos 80-90 comezan a elaborarse programas de educación sexual dedicados á información e á prevención dos riscos asociados á actividade sexual das persoas con discapacidade.

A conciencia de que moitas persoas con discapacidade sofren abusos sexuais acentuou a énfase na educación preventiva.

Dun tempo para acó, na nosa sociedade vén falando de normalidade e de integración (escolar, laboral), excepto no momento de admitir que os discapacitados teñen instintos, desexos e vida sexual. Cando daban sinais dalgún interese de carácter sexual, eran tratados coma se fosen obsesos sexuais. Mesmo se chegou a expor recentemente medidas drásticas como a esterilización sistemática das persoas que sofren deficiencia.

Debemos pensar nun modelo de intervención que parta do respecto pola biografía da persoa discapacitada, incluíndo nesta as súas relacións familiares e as características do centro onde estea. Desde un enfoque profesional débenselle ofrecer posibilidades de resolver as súas necesidades interpersoais e tamén, si fose a súa decisión, as de intimidade sexual.

Para iso debemos estruturar unha actuación baseada en catro eixos:

  1. As necesidades interpersoais
  2. A nova visión da sexualidade humana
  3. Os criterios de saúde sexual
  4. A especificade da sexualidade en persoas con discapacidade

É recomendable recorrer a asociacións de apoio, en ocasións específicas coa minusvalía.

Necesidades interpersoais

Toda persoa ao longo do seu ciclo vital ten similares necesidades interpersoais, que podemos resumir en:

  • Necesidade de seguridade emocional e autoestima.
  • Necesidade dunha rede de relacións sociais máis aló da familia.
  • Necesidade de contacto e intimidade afectiva e sexual.

Necesidade de seguridade emocional e autoestima

A seguridade emocional, isto é, saberse aceptado e protexido de maneira incondicional, e a autoestima ou o saberse digno de ser amado e capaz de amar constitúen a primeira e máis fundamental das necesidades interpersoais.

Necesidade de amigos

Desde os primeiros anos de vida necesitamos relacionarnos con persoas diferentes. Na persoa con discapacidade débese favorecer un 'terceiro ambiente', máis aló da familia e do centro escolar.

Necesidade de contacto e intimidade afectiva e sexual

O ser humano sente a necesidade de contacto corporal (tocar e ser tocado, acariñar e ser acariñado, abrazar e ser abrazado) e de intimidade emocional (necesidade de expresar, entender e compartir emocións), necesidade que se resolve, desde a infancia á vellez, cos pais, familiares, amigos, parella e fillos. As persoas con discapacidade que, no caso de discapacidade psíquica son frecuentemente moi táctís e menos reprimidos en relación co contacto corporal, resolven esta necesidade cos pais e as persoas que lles coidan. Pero é frecuente que non poidan resolver as súas necesidades de intimidade afectiva e as súas necesidades sexuais máis explícitas. Con frecuencia o único recurso, ás veces tamén perseguido a pesar de ser natural e saudable, é o da masturbación, recurso que lle permite a satisfacción sexual (excitación e orgasmo), pero non experimentar o contacto e a intimidade con outra persoa.

As limitacións propias do atraso mental, a sobreprotección familiar, a carencia de contornas nos que relacionarse cos iguais, o non recoñecemento da súa necesidade de intimidade sexual, etc., fan difícil, cando non imposible, o que as persoas con discapacidade teñan unha verdadeira vida interpersoal.